Ernst G. Straus
Ernst Gabor Straus, nado en Múnic o 25 de febreiro de 1922 e finado nos Ánxeles o 12 de xullo de 1983, foi un matemático alemán - estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Publicou as súas obras en coautoría con Albert Einstein e Paul Erdős, así como con Richard Bellman, Béla Bollobás, Sarvadaman Chowla, Ronald Graham, László Lovász, Carl Pomerance e Olga Taussky- Todd . É debido á súa colaboración con Strauss que Einstein ten o número 2 de Erdős.
Xunta ao Paul Erdős ten a famosa conxectura de Erdős-Straus que indica que toda fracción 4/n pode ser escrita con 3 fraccións unitarias ou menos.
Era o máis novo de cinco fillos do avogado Elias Straus e da doutora e feminista Rahel Straus. Despois da morte prematura do seu pai, a familia fuxiu de Alemaña en 1933, dirixíndose a Palestina, estudando na Universidade Hebrea de Xerusalén. Doutorouse na Universidade de Columbia en Nova York en 1950, baixo a supervisión de Francis Joseph Murray e Albert Einstein. Dous anos máis tarde foi o asistente de Einstein no Instituto de Estudos Avanzados de Princeton, [1] e despois foi profesor na Universidade de California dos Ánxeles.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pais, Abraham (1982). Subtle is the Lord : The Science and the Life of Albert Einstein: The Science and the Life of Albert Einstein (en inglês). Nova York. p. 210. ISBN 0191524026.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- David Cantor, Basil Gordon, Alfred Hales, Murray Schacher (1985). Biography - Ernst G. Straus 1922–1983. En: Pacific Journal of Mathematics 118 (2): i–xx (Sonderausgabe im Gedenken an Ernst G. Straus) (en inglés).
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F. "Ernst G. Straus". MacTutor History of Mathematics archive. University of St Andrews..
- Ernst G. Straus no Mathematics Genealogy Project.